Friday 03 de May de 2024

Preocupación no Partido Popular de Cambre pola neglixencia do Concello, dúas semanas despois de denunciar o grave problema que existe no Temple coa praga de ratas, as cousas seguen igual


Dende o Partido Popular denunciamos o grave problema da praga de ratas no Temple, no pleno de agosto o goberno municipal de Cambre comprometeuse a levar a cabo unha actuación urxente para desratizar a zona do paseo marítimo do Temple e sobre todo os colectores soterrados da praza Manuel Murguía, onde se precisan con urxencia unha fumigacións e limpeza.

Despois de 15 días, o grave problema persiste, aínda quedan moitos ratos nos colectores subterráneos da praza Manuel Murguía. “Ademais, na noite do xoves, 14 de setembro, o sistema de baixada de contedores avariouse tras pasar o camión de recollida e quedaron toda a noite ao aire libre”, lamentan os populares, como se pode ver nas fotos e vídeos adxuntos. os ratos seguen na praza.

“Pasaron dúas semanas e as cousas seguen igual, hai que solucionar o problema con urxencia, as ratas seguen anidando e o goberno municipal non actúa, temos moitos comercios e establecementos de hostalería na zona, tamén hai unha gardería na mesma praza e poden acabar mordendo a un neno”, denuncian dende o Partido Popular.

“A concelleira de medio ambiente do PSOE, Patrica Parcero, está a realizar unha actuación neglixente e preocúpanos a súa irresponsabilidade ante este grave problema de saúde pública, os veciños do Temple séntense abandonados e preocupados por si as ratas acaban chegando ás súas casas”, lamenta a portavoz do PP de Cambre, Diana Piñeiro.